> Novas
> Cursos
> Contacto

Descarga de artigos





Universidade de Santiago de Compostela Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras Xunta de Galicia - Consellería de Medio Rural Inludes - Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social da Diputación de Lugo
Galería de Fotos


Difusión

Unha das actividades do Ibader é a publicación e difusión de información científico-técnica sobre o medio rural dende unha perspectiva pluridisciplinar. Con este obxectivo creouse a revista en formato papel e dixital, Recursos Rurais, orientada a fortalecer as sinerxías entre os colectivos vinculados ao I+D+I no ámbito da conservación e xestión da Biodiversidade e do Medio Ambiente dos espazos rurais, os Sistemas de Produción Agrícola, Gandeira e Forestal, e a Planificación do Territorio, tendentes a propiciar o Desenvolvemento Sostible dos recursos naturais. A temática aquí supera o ámbito xeográfico de Galicia, suscitándose por iso unha revista que permita a difusión e intercambio de experiencias focalizadas nos territorios rurais europeos e iberoamericanos.

A organización da revista estrutúrase a través dun Comité Científico de carácter internacional. Os labores executivos son desenvoltos polo Comité Editor integrado por membros do Consello Científico do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural e dos membros da Comisión de Publicacións da Universidade de Santiago. O Comité Editor é apoiado por un Comité Asesor formado por investigadores nacionais e estranxeiros de recoñecido prestixio no campo da xestión dos recursos naturais, os sistemas de produción agrícola, gandeira, forestal e no ámbito da planificación do espazo rural

Recursos Rurais
Serie Cursos e Monografías
Recursos Rurais
Revista Oficial do IBADER
Recursos Rurais - Serie Cursos e Monografías Recursos Rurais
Publicacións Grupos de Investigación
Imagen de soporte