> Novas
> Cursos
> Contacto

Descarga de artigos





Universidade de Santiago de Compostela Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras Xunta de Galicia - Consellería de Medio Rural Inludes - Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social da Diputación de Lugo
Galería de Fotos


Docencia

O persoal docente-investigador do Ibader imparte a súa actividade docente (primeiro e segundo ciclo) nas titulacións da Escola Politécnica Superior, a Facultade de Veterinaria e a Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo. Analogamente, o persoal docente-investigador participa activamente nos distintos programas de doutoramento da Universidade de Santiago centrados na análise da biodiversidade e o medio ambiente, os sistemas de produción agrícola, gandeira, forestal e o desenvolvemento rural. En canto aos cursos de formación e extensión universitaria, a actividade do Ibader céntrase na organización de Cursos de Verán, dentro da programación da Universidade de Santiago, que buscan o acercamento do público en xeral e dos estudantes de segundo e terceiro ciclo en particular, a temas de interese sobre a xestión da biodiversidade, os sistemas de produción agrícola, gandeiro, forestal e o medio rural.

O Ibader colabora ademais con distintas entidades galegas na organización de diversos cursos de formación, entre eles cabe destacar os relativos á Rede Natura 2000 dirixido a persoal técnico ambiental da Consellería de Medio Ambiente, ou os dirixidos a agricultores e gandeiros relativos á problemática da xestión dos zurros e do tratamento doutros residuos de orixe agrícola.
Imagen Decorativa
Imagen Decorativa
Imagen Decorativa
Imagen Decorativa
Imagen de soporte